19 mar 2023

BENVIDOS O BLOG

Este Blog está pensado para que os membros do Coro Galego Abrente teñamos a información necesaria sobre cada tema dos que ensaiamos . Despois de sete cursos de ensaios ( dende o 2013) temos un repertorio que ronda xa os oitenta temas o que fai preciso gardar ordeadamente o material: letras,partituras, fotos, audios ou vídeos para que en calquera momento ou lugar podamos consultalo e recuperar a memoria do feito ou ben para facilitarlle aos novos membros a súa integración no menor tempo posible. Esta idea materialízase co impulso imprescindible de dous membro da agrupación:  Rafa e Cris, que neste paréntese de confinamento dedicaron o tempo necesario para poñelo en marcha coordinando co resto os detalles necesarios. Tamén este traballo pode ser unha aportación pública na medida que habilitemos a súa consulta, que vaia a axudar a todos os interesados a coñecer as nosas versións dos distintos temas. 
Esperamos pois que atopemos aquí unha ferramenta útil de consulta e aprendizaxe acorde cos novos tempos e que poda facer aínda máis aproveitables no futuro os encontros nos ensaios semanais dos venres que tanto botamos en falta e que poda consolar en parte a súa ausencia.
Moita saúde para todos.

Xaime Estévez. Abril 2020

Nota:
O noso maior agradecemento ao noso amigo, Edgar González, sen o seu consello informático non sería posible a creación deste blog.
Rafa e Cris somentes han dado vida a unha idea do mestre Xaime, e agardamos poder agrandala xunto a todos vos. Quedan pendentes artigos sobre o nacemento do coro, construcción do Abrente, para o que serán necesarias todas as fotos e documentos que poidades xuntar. Non podemos deixar pasar esta ferramenta de comunicación do voso inmenso traballo en pro da divulgación da cultura galega.
Tamén existe a posibilidade de mellorar o blog cos nosos compañeiros (gaiteiros, percusionistas, e as colaboracions con outros grupos) e incluso amplialo como medio de difusión cultural e social de todo o Abrente.
Para celebralo compartamos unha fermosa canción na que se revela a unión de todos nós para o mesmo obxetivo. Para escoitala  PINCHA AQUI

      

No hay comentarios:

Publicar un comentario