Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta LETRAS GALEGAS. Mostrar todas las entradas

14 may 2010

CANTIGA Nº 100 DE ALFONXO X


Santa María , 
Strela do dia,
Mostramos via
Pera Deus e nos guia.

Ca veer face-los errados
que perder foran per pecados
entender de que mui culpados
son; mais per ti son perdoados
da ousadia
que lles fazia
facer folia
mais que non deberíaI

Santa María , 
Strela do dia,
Mostramos via
Pera Deus e nos guia.

A mostrar-nos deves carreira
por ganar en toda maneira
a sen par luz e verdadeira
que tu dar-nos podes senlleira;
ca Deus a ti a 
outorgaria 
 e a queria 
por ti dar e daria .

8 may 2010

MAIO LONGO

Maio longo, maio longo,
Todo cuberto de rosas;
Para alguns, telas de morte;
Para outros, telas de bodas.

Maio longo, maio longo
Fuches curto para min;
Veu contigo a miña dicha,
Volvéu contigo a fuxir

Maio longo, maio longo….

Maio longo, longo maio,
Todo cuberto de rosas…..



1 may 2010

EU EN TI



Eu xa te busquéi
cando o mundo era unha
pedra intaita.
Cando as cosas buscaban
os seus nomes,
eu xa te buscaba.


Eu xa te procuréi
no comenzó dos mares e
das chairas.
Cando Dios procuraba
compañia,
eu xa te procuraba.

Eu xa te chaméi
cando soio a voz do vento
soaba.
Cando o silenzo chamaba
polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namoréi 
cando o amor era unha
folla branca.
Cando a lúa namoraba as
otras cumes,
eu xa te namoraba.


Sempre,
na neve dos tempos,
eu ,na túa ialma

AUDIO POR VOCES

SOPRANO
CONTRALTO
HOMES


REPERTORIO CORO ABRENTE