Eu xa te busquéi
cando o mundo era unha
pedra intaita.
Cando as cosas buscaban
os seus nomes,
eu xa te buscaba.
Eu xa te procuréi
no comenzó dos mares e
das chairas.
Cando Dios procuraba
compañia,
eu xa te procuraba.
Eu xa te chaméi
cando soio a voz do vento
soaba.
Cando o silenzo chamaba
polas verbas,
eu xa te chamaba.
Eu xa te namoréi
cando o amor era unha
folla branca.
Cando a lúa namoraba as
otras cumes,
eu xa te namoraba.
Sempre,
na neve dos tempos,
eu ,na túa ialma
No hay comentarios:
Publicar un comentario