12 jun 2010

O CUCO



( Nin rosmar un laído/ Rapazas, rapaces e rapazadas/Lembranzas)

O cuco,cuco,cuqueiro
o cuco,cuco,cucón.
Madrugón e cantareiro
cantareiro e madrugón .

Oise pola carballeira
ó vello cuco souril
ó nacer a primaveira
antre o Marzo i o Abril.

O cuco,cuco,cuqueiro…

!O vello cuco cucou
e moito máis cucará!
!O cuco non me capou
e nunca me capará!

O cuco,cuco,cuqueiro…

Polas mañas ben cediño
o cuco canta: cu-cu.
!Como o teño por veciño
eu trato o cuco de tu!

No hay comentarios:

Publicar un comentario