Has bailar comigo ,
Carmiña , Carmela,
con zapato baixo
e media de seda,
con media de seda
e media calada,
has bailar, Carmiña,
miña namorada.
Os zapatos piden medias ,
as medias piden zapatos ,
as rapaciñas de agora
piden rapaciños guapos .
Has bailar comigo ....
Dúas cousas hai no mundo
que fan perder o sentido:
amar e non ser amado ,
querer e non ser querido.
Has bailar comigo...
Aí che vai meu corazón,
se o queres matar ben
podes,
pero como ti vas dentro
tamén se o matas morres.
Has bailar comigo...
O son da miña gaitiña
as nenas hei de levare,
e as tontiñas sonche elas
que se deixan enganare.
No hay comentarios:
Publicar un comentario